100% nada no baldeiro sideral
12 Abr

No alto do monte de Carracedo a parte de vacas e cabalos temos tamen pozas nas que aparte de beberen os animais se poden pescar troitas coma estas. Só é cuestión de usar o cebo adecuado
Non sei se o comentei algunha vez neste blog pero desde o cumio do monte de Carracedo, en días despexados, podemos comtemplar unha fermosa vista da vila de Foz. Este monte é un monte con moitas lendas das que por desgraza non me lembro e é un sitio interesante para poder contemplar parte do camiño dos bretóns dende a propia Foz ata a Bretoña onde se estabeleceu o bispo Maeloc.
Cando estiven en Toledo, xa fai moitos años, lembro que visitamos unha antiga sinagoga (reconvertida en museu) na o que máis me chamou a atención foi un mapa da península ibérica no que aparecían nomes de certas vilas e cidades entre elas Britonia (creo lembrar que era a única que aparecía no que sería a actual Galiza). Sempre quedei con gañas de saber máis dese mapa.
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.
Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegacia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).
Algo que comentar?