Un ano para lembrar

D

Cando o ano pasado empezamos no @pl era imposible predecir a sorte que ía ter por compartir experiencias, traballo e ceas con persoas realmente marabillosas.

Xente da que aprendín moito, xente que me axudou e xente que anque sen sabelo me motivou para dar un paso adiante para, por exemplo, aprender (neso estamos) php, ruby e python.

Persoas como Ana, Mar ou Pablo que tiveron paciencia comigo e respostaron as miñas preguntas cando surxían as dúbidas o tempo que pasei nas alturas. Que sería dos cursos sen as plantillas de Pablo!

Tipos divertidos coma 8800, Juanito, Macias, Covas, … humoristas en potencia, anque superados polas imitacións de Jota, e fantásticas persoas.

Compañeiros de café e de historias como Óscar.

Xente que aturou as miñas preguntas e metidas de pata continuas como a xente de contidos. Que dicir do grupo de deseño que se converteu na miña «segunda casa» gracias a formateos, clonados, preguntas sobre cap_menues e chapuzas varias.

Pero, que sería sen os meus compañeiros de redes. Xente con máis valía ca todo o ouro de Ford Nox que me aturou con pacienca cando traballamos contra reloxio montando os cursos: 8800, Navarro, Óscar, Noelia, Lucía A., Carmen, Issa, Paula, Lucía, Carmen e Jota (o Otilio dos Pepe Gotera e Otilio do @pl). Cantos ordenadores formateados, servidores destrozados, webs feitas e refeitas mil e unha veces, ese calendario faraónico que quedou en nada, ese cemiterio de pc´s a 1 euro. Ter a sorte de traballar durante un ano con Jota foi unha das mellores experiencias. Un tipo cunha calidade humana insuperable.

Tamén me lembro do noso «mestre» que nos axudou e que sempre tiña a frase correcta para motivarnos: «par de dos», «delincuentes», «no quemeis nada», «éste que no cobre», … :P e que aguantou estoicamente tódalas nosas paridas: o parecido do chimpacé con sando, o día que tiramos os pc´s no contenedor do pazo, chiquilicuatre, as imitacións de cañita, a personalización dos equipos (pajosky, rompetechos, …).

A todos e cada un, incluidos os que non nombrei pero que si están na miña mente: Sodes os mellores!!

9 Comentarios

  1. Cmacias
    Xuñ 30, 2008

    Dou fé do que dis. A verdade e que ó marxe dos coñecemento de cada uno dos intregrante dos 3 departamentos, nunca puiden sospeitar de que ía a coñecer a unha xente tan boa, e vivir momento memorables, que seguro lembrarei para toda a vida.

    Este ano non me aportou coñecementos. Ainda que podo dicir que a cambio das ensinanzas «inésperadas» que aportei, estás voltáronse en forma de amizade e compañerismo.

    Pola miña parte gustaríame que durara un pouco máis, xa non polo traballo, senón polo día a día, por esas cortezas de porco e esas napolitanas a media mañá que entraban que daba gusto.

    Teño sorte no obstante, de poder seguir tendo contacto con Pable (pavL0 para os amigos), con Gica e seguro que o terei con algún máis.

    E por suposto, o primeiro que farei todas as mañas e botarlle un vistazo os meus blog favoritos, polo que estarei pendente do que fas ;)

    Unha aperta, amigo.

  2. Seve
    Xuñ 30, 2008

    Que marabilla aporrear a diario a máquina das chuches!!

    Pablo espero que estea contento co seu macbook, que marchou antes que poderme comentar nada. Gica, creo que a Jota e a min non nos quere ver a menos dun km despois de ternos pegados como lapas durante un ano.

    Unha aperta, amigo.

    Seguireite a través do Reader.

  3. Óscar
    Xul 1, 2008

    Pois a verdade é que despois de le-lo escrito por Seve, a un pónselle a pel de pita. (De «Jaliña» que dirían en Santa Comba). Suscribo plenamente todo o que dis.

    Cando cheguei todo aquelo parecía unha argallada, pero pouco a pouco foise formando un grupo humano moi peculiar e variado. Como diría aquel, «el ser humano es extraordinario». ¿Qué podo dicir…?. No tempo que estiven, aprendín unha manchea de cousas, e tamén fixen amigos. A compañía era agradable, e en fin… se quitamo-los madrugóns, os kilómetros de autoestrada para ir a traballar e a condenada máquina á que sempre lle quedaban atravesadas a bolsas de patacas fritidas… pois todo xenial.

    Ademáis, ¡batín o meu propio récord de uso do Google!. En fin, que cos máis achegados coma Seve e JR supoño que terei máis contacto, pero os demáis -non importa o departamento- xa sabedes onde em tedes, para o que faga falla e se está na miña man.

    Unha aperta a todos e sobre todo moitísimas gracias a Seve, JR, Navarro, 8800, Noe, Paula, Carmen… Resumindo: a tod@s. E tamén, como non, a Gica, Pachi, Susana… e a todo o persoal da APL, que hai que recoñecer -polo menos no que a min respecta- que teñen unha paciencia a proba de bombas.

    Vale Gica, perdón por dicir «bomba». Sustituireino por «cousiña que fai pum». ;-)

    Unha aperta a todos. E Seve, sigue dándolle a esta web tan estupenda… ¡Ata sempre!.

  4. Cmacias
    Xul 1, 2008

    Falando de GIca, acabo de falar con él polo Skype:
    http://elprogreso.galiciae.com/nova/13146.html

  5. Seve
    Xul 1, 2008

    @óscar: Que ben o temos pasado na barandilla da escaleira!! Seguiremos en contacto. Hai pendente unha cea dos informáticos.

    @Cmacias: Eso é mérito do pequeno «ruiseñor» do obradoiro. Que ben canta e canto disfrutaba do cyberdunk! Eu tamén estaba enganchado.

  6. Cmacias
    Xul 3, 2008
  7. Seve
    Xul 3, 2008

    Xa teño equipo en pickandroll, agora me poño a mirar como vai o xogo :)

  8. Jota
    Xul 5, 2008

    Si, a verdade é que foi un bo ano. Compañeiros excelentes, e boa xente, máis que compañeiros, amigos.

    Qué sería dos equipos de todo a un euro…

    Santa….

  9. Cmacias
    Xul 5, 2008

    Pero si é superJota !! A ver para cando unha web ;)