O pasado día 28 rematou o curso de Administración de Sistemas Linux que se celebrou no CEI en Lugo. Como tiven a oportunidade de asistir a el, vamos comentar un par de cousas:

1. O curso foi unha experiencia moi recomendable que nos serviu a tódolos asistentes para aprender.
2. As instalacións e equipos que nos deixou o CEI foron máis que correctas.
3. A profesora é unha crack, espero ser o seu alumno nalgunha outra ocasión.
4. Está claro que en Lugo, polo de agora, Linux non interesa. Rematamos sendo 6 persoas.
5. Conseguimos, grazas a este curso, un libro de consulta valorado en case 60€.
6. Tivemos a oportunidade, grazas a este curso, de visitar o CESGA, de sacar fotos a punta pala e de fusilar a preguntas os técnicos do CESGA.
7. As horas do curso resultaron claramente insuficientes. Queremos unha segunda parte.

Agora, unhas fotiños:

Cacharrada do CESGA

Horas de relax:

O noso querido servidor artesán:

Traballando que é xerundio:

Eses cafés do CEI:

Fedellando nun dos servidores:

A nosa mascota:

Technorati Tags: , ,