O gran negocio na rede é con total seguridade a venta de información. Ben sexa a través de ebook, audio book, filmes, … E un mercado que non mundo anglosaxón move miles de millóns de dólares anualmente e continua a medrar de forma imparábel. No mundo hispano as cousas van máis a modo pero tamén empeza a despegar este negocio. Coñecín alguns casos de primeira man alá polo anos 2001 a 2003 que fracasaron o cando menos non deron os resultados esperados por unha série de factores propios do mundo hispano:
- O internauta hispano pensaba (pensa) que todo o que hai en internet ten que ser grátis.
- O uso de tarxetas de crédito como medio de pago non estaba nin de coña tan extendido como nos mercados anglosaxóns. A parte, as noticias sensacionalistas dos médios de comunicación por aquel tempo transmitian a imaxe de internet coma un sítio perigoso: agora xa non o fan porque os propios médios están metidos de cheo na rede e non lles interesa amedrontar a posíbeis clientes.
- Sistemas como Paypal non eran coñecidos en España nin no mundo hispano en xeral.
- Os webmasters non sempre eran vos vendedores dos seus propios produtos e en moitos casos en vez de deseñar webs que venderan deseñaban webs que facian fuxir os visitantes.
Agora o mercado escomeza a estar maduro para a venta de información na internet hispana. Eu mesmo poido dar fé deste punto
Esta é unha série de consellos para quen teña unha información ou coñecimentos e pretenda gañar uns cartos vendendoos na rede:
- Buscar un nicho de mercado: Nos nichos a parte dos mortos están os cartos. Podese facer un ebook sobre praticamente calquera cousa da que teñamos os coñecimentos suficientes; xardineria, inversión en bolsa, reparación de motos, cómo publicar un libro, cómo acudir a subastas públicas, cómo ter éxito vendendo por ebay, apicultura, manualidades, meditación, … e milleiros de temas máis.
- Mirar o que ofrecen os nosos competidores: Dando unha volta polas webs que venden información no mercado anglosaxón podemos sacar milleiros de ideas, tanto para produtos, como para o deseño do noso sítio web, cartas de venta, … Non estou animando a copiar senón a ver como o fan xente que ten éxito e usar técnicas similares dando o noso toque persoal.
- Crear un producto de calidade: O factor principal para o éxito é o producto e a publicidade boca a boca. Se facemos un ebook cutre en canto o merque alguén correrase a voz de que é unha merda e teremos que vivir só dos incautos que nos mande Google e MSN. O problema é que en Google e MSN tamén sairán as críticas ó producto que pretendemos vender, co cal estamos completamente fodidos.
- Ofrecer 60 días de devolución do diñeiro: Esto é moi importante e debe ser ben visíbel na nosa páxina web. A maioría da xente cando merca un ebook, leo e despois esquecese completamente del sen nin tan sequera usar a información do mesmo e buscará outro ebook que lle prometa unha receta secreta para conseguir a felicidade. Moi pouca xente solicitará a devolución dos cartos entre outras cousas porque moi pouca xente leva a pratica o que aprende. Sempre está o risco dos típicos espabilados que mercan algo e cancelan inmediatamente o pago pero son un grupo insignificante comparado cos que mercan legalmente.
- Ofrecer asisténcia personalizada grátis: Esta é outra das claves máis importantes para comercializar información con éxito. Un simple email de consultas ou foro para membros da unha sensazón de seguridade que pode ser o punto decisivo para efectuar unha venta. Normalmente non sen envian moitas consultas.
- Non enganar xamais os posíbel compradores: E de algo que cae de caixón pero que moitas veces non se cumpre. Un debe ter claro que un puñado de dólares non son motivo para dar falsas promesas ós usuários. Eu polo menos prefiro ter a conciencia tranquila que a larga compensa máis. Por exemplo, se vendemos un ebook dicemos que conten 1000 receitas veganas e despois en realidade só hai 500 somos uns cabróns con todas as da lei aparte duns estafadores.
- Ofrecer algun bónus adicional grátis: É unha pratica moi comun ofrecer con cada compra algun bónus adicional. Comprobei por min mesmo que ofrecendo este tipo de regalos as ventas aumentan de maneira significativa. É o que chamo o poder da palabra “grátis”.
- Ofrecer o dobre ou triple do valor do produto nas devolucións: Parece unha loucura pero da un sensación de confianza os visitantes. So temos que poñer como condición que o comprador demostre que usou a información do produto. O 99% da xente tras ler o ebook esquecerase del e non porá en pratica as ensinanzas que aprendeu.
- Crear unha lista de correo: O 99% da xente que visita unha web non a engade ós seus favoritos e despois cando pretende voltar a visitala non se lembra da URL. Unha forma de paliar isto é crear unha lista de correo na que a xente se aponte para recibir grátis un mini curso ou un boletín con información. Moita xente apontase porque sabe que vai receber algo grátis a cambio. Desta maneira podemos manter un contacto cos nosos posíbel compradores de forma máis persoal.
- Crear un programa de afiliados: Hai moitos pequenos webmasters dispostos a promocionar produtos a cambio dunha comisión. É un sistema simple de conseguir chegar a moito máis público e incrementará as nosas ventas inda que sexa gañando algo menos por cada unha.
- Ofrece varios sistemas de pago: Paypal, tarxeta, pago por teléfono, sms, … pero nunca, nunca, debemos aceptar pagos vía Western Union (está cheo de timadores).
- Crea sensazón de necesidade: O principio básico no que se move o mundo da publicidade e crear sensazón de necesidade. Fannos crer que por usar certa colónia vamos ligar máis, por ter certo coche vamos ser máis respetables,.. despertan unha necesidade ou desexo en nos. O máis triste é que funciona, só temos que ver como se comporta algun pavo cando vai no seu BMW. Por suposto, tamén podemos crear sensazón de necesidade simplesmente explicando as características do noso produto e as vantaxes que implica sen caer no amarillismo publicitário.
- Crea sensación de premura: Presentando unha oferta que finaliza en uns minutos ou horas podemos aumentar o ratio de ventas. É fácil de facer cun simple script e é moi importante que non presente novamente a oferta ó mesmo visitante que nos revisita uns días despois. A forma máis sinxela é usando cookies. É a mesma técnica que usan as grandes superfícies cando nos manda o folleto coas ofertas aplicado a internet.
Technorati Tags: ebook, negocios online, puppy, venta de información














0 Responses to “Vender información por internet”