
Este domingo aproveitando que había un encontro de ferreiros en A Pontenova e o tempo era favorable collemos as bicis e tiramos para alá coa intención de facer a vía verde de vai dende A Pontenova ata a localidade asturiana de San Tirso de Abrés. As vías verdes son antigas liñas ferroviarias en desuso que son reconvertidas en rutas de sendeirismo ou cicloturistas.
Tras chegar A Pontenova e despois de encargar uns bocatas XXL para o camiño iniciamos a ruta. Nun principio non é que estea moi ben sinalizada e tivemos que preguntar a xente do lugar. A ruta en si non ten ningunha dificultade, non hai costas e é fácilmente cicleable. Na parte galega pedromina o asfalto, o divertido está na parte asturiana da vía; pista de terra con alguns baches e zonas con moita pedra pequena. Tamén hai que recoñecer que a parte asturiana da ruta está moito mellor sinalizada e é máis espectacular.
A ruta transcurre pegada ao rio Eo nunha paisaxe preciosa anque con zonas colonizadas por esa mala herba que probén de Australia. Algunha zona ten bastante desnivel con respecto ao rio polo que é necesario ter coidado se vamos con cativos polo perigo de que poidan caer.

Unha das cousas máis bonitas desta ruta é pasar polos tuneis que vamos atopando ao longo da ruta; uns pequenos outros máis longos. O máis longo ten 173 metros se non lembro mal. Estes tuneis están iluminados usando placas solares e estan dotados de sensores de movemento para iluminarse cando pasa a xente.
Durante a ruta atopamos con varias persoas facendoa; todas a pe.
Houbo dúas incidencias. Unha anécdotica e outra que nos impediu completar a vía e a nosa viaxe tal e como a tiñamos planeado. A primeira foi o noso encontro cunha serpe de dimensións bastante considerables que esquibamos uns e que outros nin se deron de conta da súa presencia. A segunda foi cando chegamos a unha ponte que atravesa o Eo tras salir dun túnel. A ponte estaba pechada e sinalizada, presentaba claros síntomas de non ser moi confiable. Tras poñer o pe e tantear a súa robustez decidimos non cruzar. Unha pena, faltaba pouco para chegar a San Tirso. Espero que a reparen pronto.

Visto que non podíamos completar a vía do Eo baixamos hasta o río para contemplalo con calma antes de volver sobre os nosos pasos facendo de novo o camiño pero nesta ocasión con destino A Pontenova.














0 Responses to “Vía verde A Pontenova – San Tirso de Abrés”