Xa sabemos como se fan as cousas aquí

X

En palabras da presentadora do programa «Vivir aqui» a resposta da Consellería de Educación é que verían o programa para tomar en consideración o caso. É interesante saber que solicitudes, instancias e escritos varios presentados polos cauces normais non serven para nada e que hai que ir TV a queixarse para recibir o acuse de recibo.

2 Comentarios

  1. Óscar
    Set 18, 2008

    Si, ben… eu ía facer un comentario pero case que agardo a que te saquen no programa dese magnífico presentador e «artistazo» alcumado SúperPiñeiro… e logo xa falamos. ¡Je, je…!. :-D
    Home, antes sempre che dicían «solicítao por escrito e logo xa veremos», pero que che digan «cando o vexa na ‘telegaita’ xa o tomarei en consideración»… paréceme cando menos kafkiano. En fin, «Galicia is different».
    A culpa témola a xente, que cando veñan as eleccións estaremos coma sempre uns contra os outros, uns defendendo ós fachas do PP e outros ós «sociolistos» do PSOE, por non falar dos inútiles do BNG. E non nos decataremos -por enésima vez- de que, gañe quen gañe, nós sempre perdemos. O que había que facer é ficar na casa, e que se voten eles uns ós outros. Ó final, fan o que a eles lles convén, así que ¿para qué facerlle crer á xente que o seu voto importa?, ¿para qué facerlle crer que son «servidores» do pobo cando o que de verdade fan é servirse del?. O único que decide o voto e a quen lle chega o turno de forrarse á nosa conta.
    ¡E logo chámanlle a isto democracia!. Isto non é máis ca unha dictadura encuberta, imos cara un sistema bipartidista -o modelo yankee do «Pepsi vs Coca-Cola»- onde vote-lo que votes gañan sempre os mesmos e fan do noso cú un pandeiro.
    Pero é o que hai, porque se a xente non é capaz de velo, haberá que pensar que ten o que merece. Máis do 90% da poboación son auténticos «dummies», zombies que agardan a que alguén lles diga por onde teñen que ir e o que teñen que facer. Non son máis ca ovelliñas tremorentas e acobardadas que fan o mesmo que o resto do rebaño.
    Vaaaale, non sigo que ó mellor me visitan os «homes de negro». Unha aperta e séguelle dando, campión.

  2. Seve
    Set 18, 2008

    Lichesme o pensamento! Por certo, chegouche o mail da cea?