Xunta 2.0

Días atrás comentei de pasada unha das cagadas que había que sufrir se un tiña a mala sorte de querer apuntarse para os procesos selectivos da OEP máis grande da historia según a propaganda oficial e un dos enganos máis grandes da historia según outras fontes.

Independientemente da conveniencia ou non de usar como medio exclusivo internet para apuntarse internet. Onde eu vivo ainda, por desgraza, moita xente que ten case imposible acceder a internet por culpa dos famosos TRAC´s rurais que seguen operativos, por non esquecer o carisimo que é o acceso a internet de banda semilarga para a maioría dos galegos (40 euros/mes + liña). O caso é que se se fai deberíamos asegurarnos polo menos de que funciona e que é accesible para todos os internautas e non só para os que mercaron un determinado producto informatico, xa que un escomeza a pensar que a Xunta traballa de comercial para M$.

Durante os últimos anos tivemos que aturar que a administración galega nos vendera a moto do seu apoio ao software libre e outras milongas pero a hora da realidade nada de nada. Os exames nos que hai que usar ordenadores seguen a ser baixo a platforma windows rezando para que non se che colgue mentres estás facendo o exame e con suites ofimáticas da empresa do tío Steve Ballmer. Os ordenadores de todos e cada un dos traballadores da Xunta seguen a lucir o logo de windows cada vez que son iniciados. Iso é o que se chama predicar co exemplo. Por suposto o seu falso apoio servelles para ir de guais.

Volvendo ao tema. Quen pretende apuntarse aos procesos selectivos a través desa aplicación que existe na web da Xunta xa de primeiras atopase cunha advertencia en letras azules de que se usa Firefox ou Opera que consulte a documentación sobre problemas frecuentes que non aparece por ningún lado. Tal vez a axuda? Baixaste un pdf de 7 follas no que non se di absolutamente nada sobre navegadores. A primeira na fronte.

Tentei cubrir o formulario usando firefox. Unha vez rematado daslle a verificar e con desesperación comprobas que non fai nada de nada.

Repetín o mesmo proceso co Safari e gracias a virxe dos imposibles, o éxito foi case total :) .

Agora, cando pretendes pagar a taxas online é cando te chulean:

Pago telemático (só con Internet Explorer)

xunta-explorer

Para mexar e non votar gota!

Os que teñamos unha máquina correndo en Mac OS X, Linux, FreeBSD, Solaris, … que nos dean. Canto cobran de M$ por crear unha aplicación que só funcióna con Explorer? Unha aplicación que dito sea de paso permite a unha persoa ver os datos persoais (telf, dirección, email, …) doutras persoas apuntadas. A lei de protección de datos?

En fin, hoxe tentareino nun portátil con Windows Vista e Explorer 7 prestado para tan insigne traballo porque o máis cachondo e que nin tan sequera funciona correctamente usando Explorer 6 (vía Boot Camp). Vamos que é unha aplicación con compatibilidade total con todos os navegadores. :P

O fondo do asunto é que estamos ante un actuación claramente discriminatoria por parte dunha administración pública que se presupón que ten os recursos suficientes coma para crear algo que funcione mínimamente ben na maioría dos navegadores actuales ou polo menos nun navegador que sexa multiplataforma, gratuito e non ligado a un sistema operativo en concreto.

Qué será o próximo?

Pago telemático (só co carné do Racing Cantalapiedra)

Pago telemático (só ca partida bautismal)

Pago telemático (só para os que merquen productos M$) Upss, isto xa pasou :P

Pago telemático (só para brancos)

Actualización: Hoxe, día 23, aparece por fin ese manual de problemas frecuentes. Que celeridade!

Actualización 7/10/2008: Nova do diario adn sobre as chapuzas tecnolóxicas da Xunta portada de Meneame

8 Responses to “Xunta 2.0”


  • A verdade é que esta nova Xunta que traía consigo unha manchea de espectativas converteuse a non tardar moito nun dos maiores “blufs” que lembro. Só ver como unha das primeiras medidas del “Presidente Torito” foi consolidarlle o emprego a tódolos interinos que levaban anos traballando a dedo co PP a base de “concurso-oposición”, revólveme as tripas.
    ¡¡Santa Combiña, que decepción!!. Así que nada, pasamos da panda de fachas do PP á caterva de sociolistos (que non socialistas) do PSOE e ós inútiles (tal cual) do BNG. Como diría aquel: “cambialo todo, para que nada cambie”.

    No que a ádministración pura e dura se refire… de pena, para variar. Non entro no debate do software libre, pero creo que é discriminatorio que un usuario que non use Explorer -non só Explorer, senón unha determinada versión de Explorer- non poda apuntarse a un proceso selectivo por esta carallada. Máis aínda cando se fai propaganda a bombo e platillo da “Galicia do futuro”, do software libre e demáis gaitas…

    En fin, amigo Seve… bótalle paciencia. E lembra que se isto é así para apuntarse, ¡verás o que vén cando chegue a oposición!. Agardo que escribas algo sobre as naves de Silleda coas sillas de praia e os taboleiros de “cartón-piedra” para rechea-la “quiniela”. Oes, o mesmo ata o escribo eu… :-D

    Saudetes… e o dito: con paciencia. Be water, my friend!.

  • A cousa cambiou como dis para seguir igual, mira os comentarios deste artigo:
    http://www.xornal.com/article.php?sid=20080723080124

    Hoxe dinlle outra vez a instancia pero sen éxito, pagar é misión para Torrente. Maña tentareino de novo agora que porfin subirón o famoso manual de preguntas frecuentes.

    Sobre as naves de Silleda, ao mellor escribo. Pero aínda teño unha historia para non dormir que contar: o día que fun as provas selectivas da UNED en Lugo. Eso si que foi un paripé con todas as da lei.

  • O final desisto do pago telemático. Leva menos tempo ir andando ao banco, anque estea a 20 km, e pagar en ventanilla.

  • Grazas, o máis gracioso e tamén o tentei cun explorer 6 e 7 e fun incapaz. Nun o dichoso activex que non había maneira e noutro nin tan sequera conseguía premer nos botóns. Estou collendo un complexo de nulidade informática…10 anos pagando con tarxetas por internet e nunca me pasou tal. :P

  • Pois fíxate que son cousas que a min non me extraña, o cal non quere dicir que non me exaspere.

    Fai non moito saía nos principais xornais e telexornais “da nosa nación” a visita de Bill Gates á Xunta de Galicia, visita que foi pechada coa rúbrica do noso presidente para un acordo Xunta-Microsoft.

    http://www.microsoft.com/spain/prensa/noticias/2008/abril/n13.mspx

    http://www.microsoft.com/spain/enterprise/perspectivas/numero_15/admon.mspx

    Ainda que o último link e un pouco antigo, xa pon de manifesto de que pé coxean en Santiago.

    E despois de ter traballado un ano no @apl e a pesar da liberdade que tíñamos para elexir o noso SO (máis polo persoal que pola empresa) non sei de que te estrañas ;)

    Unha aperta

    PD. Décheste de conta de como escribe Oscar ? Dá gusto leélo ! Eu creo que xa leín toda a súa web :-)

  • “PD. Décheste de conta de como escribe Oscar ? Dá gusto leélo ! Eu creo que xa leín toda a súa web”

    ¿Cómo se fai aquí un quote, cita, destes… ¿?

    Carliños, é la hostia meu. ¡Pero que adulador e que zalamero é o “trangalleiro” este…!. Nada, que o vou a ter que crer e todo, ¡ja, ja!. Ídevos preparando que vou a deixar a Reverte nunha mera “anécdota”, ¡ja, ja…!.

    En fin, levaba uns días un pouco “ido”, xa lle contara a Seve que merquei unha Canon EOS 400D e ando tolo fuchicando na camariña, ¡juas!. Ademáis de se-lo novo Reverte tamén serei o novo Robert Cappa…

    Agardo que Seve rematase cos seus “problemas coa Xunta” e co noso querido presidente “Pérez Touciño”… e que Carlos poidese rematar con éxito a mudanza. Fai pouco que tiven unha desde Madrid e case morro no intento… ;-) En fin, apertas e saúdos para todos.

    P.D.: Carliños, a ver se escribo algo máis un día destos para que leas. Boh, eu escribía pero teño unha vida demasiado anodina. Para o finde vou de praia e xa cho escribo… ¡ja, ja , ja…!. Cóidate neno… :-D

  • Tes toda a razón Carlos.
    De todas formas non entendo como outros anos pagar unhas taxas por internet era bastante fácil e agora é misión para John Rambo.

    Certo o que dís de Óscar. Haber se se anima a publicar máis a menudo.

    Sorte coa cámara crack, xa che comento por email maña. :P

Leave a Reply